jueves, 15 de mayo de 2014

Froitas de feltro na arte.

Retomando o traballo feito o curso pasado coas froitas na arte, este curso quixemos facer nosoutras de artistas.
Por iso, de entre os cadros traballados o curso pasado votamos para escoller o que iamos recrear con feltro. Alba e Lucía decidiron que o Bodegón de Frida Khalo era perfecto, e a profesora de Plástica e eu puxémonos mans á obra con elas.
Elexir cores, nomear as froitas, recortar, compoñer...A tarefa non está sendo doada, pero pasiño a pasiño ímonos achegando ao final.
Como xa estaban convertidas en todas unhas artistas empezaron a crear o seu propio bodegón en cartón que vai servir como anuncio identificador do lugar onde temos as froitas nos recreos.
Seguiremos informando e poñeremos pronto o resultado final.
Mentras tanto...disfrutade comendo froitas!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario